Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

César Portela reflexiona sobre a boa arquitectura no seu ingreso na RAGC

No seu discurso sinalou a importancia das leis científicas nos procesos, así como a administración racional dos medios

“Os arquitectos non podemos limitarnos sinxelamente a soñar. Temos tamén que construír, que materializar os nosos soños empregando para iso materiais que debemos coñecer, escoller e traballar para sacarlles o máximo partido de acordo coas súas específicas calidades. A arquitectura é, xa que logo, arte e técnica a un tempo, pero arte e técnica ao servizo da sociedade”, manifestou César Portela Fernández-Jardón (Pontevedra, 1937), catedrático de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior e Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC).

Fixoo durante o acto de ingreso como académico numerario da Sección de Ciencias Técnicas da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) que se celebrou onte no Pazo de San Roque de Santiago

Portela pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado A boa arquitectura cabalga ao unísono entre a arte e a ciencia, que foi contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Ciencias Técnicas da RAGC, Pedro Merino. O novo académico, que agradeceu á cúpula e compañeiros desta institución a súa inclusión, comezou o seu discurso solemne respondendo a unha pregunta: “Que é a arquitectura?”

A resposta, segundo as palabras do Premio Nacional de Urbanismo en 1981 e Premio Nacional de Arquitectura no ano 2000, foi que a arquitectura é a “construción do espazo” e a concepción deste espazo, entendida como primeiro soño creativo do feito arquitectónico, é para Portela imprescindible dentro dun proceso creativo moito máis amplo. “.

Nesta liña, o catedrático sinalou que a técnica en arquitectura debe estar sustentada nunha serie de principios científicos: a lei da gravidade, a velocidade do vento, o grao de humidade do ambiente, a intensidade do frío ou da calor do lugar, a resistencia do terreo, e mesmo a resistencia e características dos materiais empregados. Matizou que se a arquitectura non ten en conta estas leis, o proxecto en cuestión pode acabar fendendo, derrubándose ou pode chegar a ser inhabitable.

Ademais, sobre a esencia da arquitectura, César Portela asegurou que a boa arquitectura é aquela capaz de lograr solidez, confort, riqueza espacial e formal, buscando tamén a maior economía de medios, sinxelamente facer máis e mellor con menos medios” xa que na súa opinión, os recursos económicos que se manexan deben administrarse con racionalidade, pero sen renunciar á calidade. Engade ademais que “a boa arquitectura é aquela que lle ofrece seguridade aos corpos e liberdade aos espíritos”.

Juan Lema, presidente da RAGC salientou a súa traxectoria nacional e internacional, con enormes contribucións particularmente en Galicia, son un enorme activo da RAGC e un soporte para prestixiar a ciencia e a tecnoloxía na sociedade”

Ao acto presencial asistiron ademáis de Lema Rodicio, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Salvador Naya Fernández; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, e o delegado institucional do CSIC en Galicia, entre outros.

16 jun 2021 / 20:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.